Centro Galego de Castelló "O Aturuxo"

XOSE AGRELO HERMO

A nosa biblioteca, recibe o nome do escritor «Xosé Agrelo Hermo» Noia-A Coruña 1937-2006 .coma homaxe o mestre, escritor, director teatral, grande amigo da nosa entidade. Home que soupo querer a Galicia, na que sempre perdurara a súa memoria coma un dos seus fillos «dos bos e xenerosos»


Contén máis de 2.500 vols., maioritariamente en lingua galega, poesia, etnografia,hestoria, ensaio, etc.

Podendo ser consultada polo público en xeral, reservandose o empresto ós asociados, investigadores, e alumnos da Universidade Jaume I de Castelló.


Se estas interesado en facer o camiño de Santiago, na biblioteca dispoñemos de libros, ademais de folletos que conteñen información dos alberques e mapas dos distintos camiños

SUBSCRICIONS REVISTAS E XORNAIS
A nosa entidade recibe as siguintes publicacions:
XORNAIS:
Xornal Local…. Diario Mediterraneo
Xornal Galego….  ESPAÑA EXTERIOR
REVISTAS:

Banda Deseñada…….Retranca

Cultura Galega…………..GRIAL
Historia Galega…………. MURGUIA
Etnomusicoloxía………….ETNO-FOLK ( Dos Acordes)

DERRADEIRAS ENTRADAS BIBLIOGRAFICAS

Obra completa de Manuel Maria, Vol I e II

Manuel Maria reencontrado

 

 

.

MERGULLATE NUN PAIS DE CULTURA