O Centro Galego de Castellon dispòn na actualidade de dous locais, un no centro da cidade, sede habitual da asociaciòn e adquirido en propiedade, onde se realizan as actividades de caracter cultural, conferencias, exposicions, etc, asi como sede da secretaria e biblioteca, dispoñendo de servizo de bar, tv, e xogos de salon diversos, a mesma atopase na rúa Perez Dolz n 9 Baixo de Castellon.
No ano 2005, o Concello de Castellón, cedeunos no antigo acurtelamento do Tetuan XIV, uns locais para o lecer, os cales atopanse en fase de acondicionamento, para acubillar neles as festas gastronomicas e bailes da asocicación, asi coma para o disfrute dos asociados e familias, dispoñendo de espazos deportivos, aparcadoiros de vehiculos, e zonas de xogos, toma o nome de «O Faiado», por estar durante anos destiñado coma almacen, donde vimos realizando as festas de Santiago, O Magosto, San Xoan, Os caneiros etc.