Centro Galego de Castelló "O Aturuxo"

O Centro GD. Manuel Franco Lopezalego ten os seus primeiros comezos no xa afastado ano de 1936, quedando constituida como Centro Galego no nadal de 1937,  sendo o seu    primer presidente D. Manuel Franco Lopez, natural do Concello de San Pedro de Láncara (Lugo) estando a súa  sede social na R/ Colón, e posteriormente na R/ Herrero, conservándose na actualidade os seus estatutos fundacionales, o que a fai ser unha das entidades decanas da diáspora galega en España e Europa. Diversos avatares e acontecementos faranna esmorecer como entidade na década dos anos 60. O 11 de novembro de 1993, logo dunha serie de reunións e xestións encamiñadas a poñer en marcha novamente un centro galego, abrolla como Asociación Cultural Galega «O ATURUXO» grazas ao pulo de Dña Esther Hernandez Otero e Dña Josefina Otero Castiñeira, quen seria a súa primeira presidenta nesta nova etapa, tendo a súa sede social nuns baixos de aluguer na C/ Sagrada Familia de Castellón,  o 22 de Nadal dese mesmo ano, a asociación quedou inscrita no Rexistro de Asociacións da Generalitat Valenciana (nº 1866), coma Asociación Cultural Galega «O Aturuxo», tendo lugar a súa primeira Asemblea Xeral o 11 de febreiro de 1994.

 

 

 

En 1995 toma o súa denominacion actual Asociación Cultural «Centro Galego de Castelló «O Aturuxo», sendo o seu presidente Don José Luís Calle Garcia, baixo cuxa direccion efectuase a adquisición das instalacións que hoxe posee, asi coma a creación das agrupacions musicais, asentando as bases de continuidade da entide, co afianzamento das actividades  culturais e sociais.

Hoxe atopamonos nunha nova etapa, coa incorporación dun novo local (176m2) cedido polo Concello de Castellón, no antigo acuertalamento do Tetuan XIV, o cal  foi inaugurado o  12 de Xullo do 2014 polo Secretario Xeral de Emigración da Xunta de Galicia Ilmo. S. D. Antonio Rodriguez Miranda, o que ven de incrementar considerablemente a vida social da asociación, con novas actividades, do que  a falta de espazo facias irrealizables.